A TUA PÁXINA WEB DE ENTRETEMENTO. FAITE SOCIO E A DIVERTIRSE FACENDO MOITOS AMIZADES
   
  Asociación Xogos Tradicionais de Compostela
  SAUDA DO PRESIDENTE
 
 
    
 
     Estar presidindo esta ASOCIACIÓN, e todo o que eu sempre ilusionei, por iso me encontro como un rapaz con zapatos novos, moi orgulloso das pesoas que me están axudando neste renacer dos XOGOS TRADICIONAIS.
     Dende o XVIII OPEN CHAVE CIDADE DE SANTIAGO, aconteceron moitas cousas, "todas boas", participamos por 1ª vez na liga de estornela da zona centro, todo un éxito, non só polos resultados, senón polas 16 persoas que formaron parte do noso equipo, todas formidables "gracias".
     Estivemos como anos pasados nos colexios de Lamas de Abade e Monte dos Postes, comezamos as 1ª Xornada de Primaveira e Verán no Campo de Belvís, estivemos en Aríns, na Casa das Asociacións Veciñais en Cornes, na Asociación de Minusválidos da Pobra do Caramiñal, no Campamento de Cáritas en Punta Arnela Porto do Son, disfrutando con nenos/as dos Xogos da Estornela, a Chave, a Ra, os Aros, Bolos Celtas, a Ferradura, Carreira de Sacos, Mariola, Canicas, Trompo o Pano, etc.
     Pero sobre todo debemos destacar que por 1ª vez logramos coa axuda da Fundación da USC, formar parte dos deportes programados na mesma (xogo galaico durienenses) establecendo unha liga cos xogos da estornela, bolos celtas e chave.
     Gracias a todos os meus compañeiros da xunta directiva, aos xogadores, colaboradores e socios, así como tamén a tódalas firmas colaboradoras sen esquecer ao Concello, Deputación, Grupo Correo Galego e Centro Comercial Compostela (Hipercor-Corte Inglés), por que sen a súa axuda non sería posible recuperar os xogos tradicionais da nosa terra que deben estar sempre formando parte da nosa historia.
SAÚDA
Mario Rodríguez Rodríguez
Presidente da Asociación Xogos Tradicionais de Compostela
 
  6855 visitantes (22457 clics a subpáginas)  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis