A TUA PÁXINA WEB DE ENTRETEMENTO. FAITE SOCIO E A DIVERTIRSE FACENDO MOITOS AMIZADES
   
  Asociación Xogos Tradicionais de Compostela
  AS CHAPAS
 

O xogo das chapas destaca pola súa gran popularidade e sinxeleza. É un xogo común, pois para xogar non se necesita mercar ningún material extra.
Materias necesarios: Necesítase unha chapa (tapón de refresco ou cervexa) para cada xogador. Un terreo onde xogar. Nel píntase unha estrada, onde se representan curvas, rectas e todo tipo de sinais (pozos, cárceres, atallos, áreas, ...) que permitirán que o xogo sexa máis entretido.
Normas: Cada xogador só poderá tirar tres veces seguidas, se este non se sae das liñas limitantes. Se a chapa cae nas zonas de castigo (pozos, áreas, ...) o xogador non poderá tirar ata pasadas tres quendas dos seus contrincantes. Só poderá tirar antes se os seus compañeiros tamén caen. Se ao lanzar, se cae na morte ou na cárcere, isto supón a volta á casa (o inicio).
Proceso: Para empezar a xogar, cada xogador sinala a súa chapa coa finalidade de diferenciala das demais. Posteriormente, énchese a chapa de barro para que esta pese e poder deslizala mellor pola estrada. Co pu para abaixo, empúrrase a chapa co dedo índice e vaise comendo terreo para gañar a partida.

 
   
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis