A TUA PÁXINA WEB DE ENTRETEMENTO. FAITE SOCIO E A DIVERTIRSE FACENDO MOITOS AMIZADES
   
  Asociación Xogos Tradicionais de Compostela
  DOMINO
 

REGRAS DO DOMINO

 Xogadores: de tres a cinco.

Elementos: xogo de dobre seis (28 fichas).

     O domino e un xogo de 28 fichas, que representan 21 combinacións de dous dados, máis as 7 combinacións do 0, ca sua misma combinación e ca dun dado.
     As fichas son rectángulos: un lado é negro e o outro esta dividido en dous recadros, exactamente iguais, cada un dos cales presenta a cara dun dado estampada nel, mediante puntos negros sobre fondo branco (ou o revés).
      Ista alternativa entre o branco e o negro, parece ser a que da nome o xogo, xa que domino, en francés, resposta o hábito do cura en inverno; negro por forá e branco por dentro.


OBXECTIVO:

      Unindo extremos co mesmo número, ser o primeiro en cantare: "domino".


REGRAS DO XOGO:

      Coloncase as fichas boca abaixo e procedese a baraxalas. Para determirare o número de fichas que corresponden a cada xogador, restase o número de xogadores de 8. Cada xogador toma do montón o número de fichas correspondente e as coloca de pé, en hilera, de maneira que só poda velas o propio xogador.
      O xogador co dobre máis alto, o pon enriba da mesa boca arriba.
      O segundo xogador pon un ficha perpendicularmente o dobre. O número do extremo da ficha debe ser o mesmo ca do dobre.
      O seguinte xogador pode elexir un dos extremos abertos da hilera. Sempre hai que unir un dos extremos libres cunha ficha do mismo palo.
      O turno implica unha tirada e vai pasando de xogador, seguindo as agullas do reloxo.
      Se un xogador non posee ningunha ficha que corresponda cun número dos extremos da mesa, debe coller fichas do montón ata que poida botar unha.
      No montón sempre habera unha ficha boca abaixo (se xogan máis de dous xogadores) oun dúas fichas (se participan dous xogadores). Cando o xogador sen combinación non pode recurrir o montón, debera decir "¡paso!", e o seguinte xogador colle o turno.
      Gaña o primer xogador que haxa quedado libre das suas fichas.
      Se non se chega a iste desenlace, o xogo rematara cando nadie poida facer ningún movemento, e decir, nadie poida botar ningunha ficha.
      Despois de anotar a puntuación da ronda, colocanse as fichas boca abaixo, barallanse e comeza unha nova man.
      O perdedor comeza a seguinte partida.


PUNTUACIÓNS:

      Cando un xogador canta domino, os outros suman os tantos das fichas que ainda teñen nas suas mans. O total sera a puntuación do gañador.
      Se o xogo está pechado porque ninguen pode mover, os xogadores suman os puntos das fichas que posean. Gaña a puntuación máis baixa. O gañador o fai pola diferencia entre a sua puntaxe e a dos outros xogadores. Por exemplo, se tres xogadores puntúan 15, 19 e 22, gaña o 15 e a súa puntuación é a seguinte: 4 (19-15) + 7 (22-15) = 11.
      O primeiro xogador que obteña 50 ou 100 puntoss (segun estexa establecido) gaña o xogo.






ESTRATEXIA:

      É mellor reservar para o momento da partida máis avavanda, as fichas que dan maiores opcións de xogo.
      Se un posee catro ou máis fichas que rematen nun mismo número é unha boa estratexia intentar que ambos extremos dunha cadea rematen nese número  (os contrincantes dificultalle ter opcións de botar).
       Obrigase a tomar fichas a os contrarios significa que terá máis fichas das que desprenderse para alcanzar o domino.
       Seguindo ista linea, e con un pouco de sorte, o montón atoparase pechado o chegar o turno ao xogador e seguramente perdera o turno, pero non aumentara a sua capital de fichas.
       Na saida do xogo non esta mal ir o montón para compretar unha man; ao final da partida é mellor  desfacerse das fichas cunha puntuación máis alta porque, no caso de non gañar, darase unha menor puntuación posible o gañador contrario.
       Se o xogador dispoñe de todo un pao dun número, pode cambiar a súa táctica e xogar de forma ofensiva. Tratase de colocar, na saida da partida, ese pao en ambos extremos da cadea. Os opoñentes deberan vaciar o montón e, cando a partida quede bloqueada, o xogador terá unha elevada puntuación.


DOMINO CON DOUS XOGADORES:

      Cada xogador roba sete fichas. Sae o primeiro que teña un seis dobre ou o dobre máis elevado. Coma hai moitas fichas no montón é posible que ninguen dos xogadores posea un dobre; neste caso, iniciara o xogo un 6-5, e asi sucesivamente.
      O segundo xogador desposita a súa ficha en concordancia co pao da primeira. Se non ten ningunha que case, collera fichas do montón ata que obteña algunha que lle permita xogar.
      Se non obten ningunha ficha, pasa e debe continuar a partida o outro xogaador.
      Gaña o xogador que poña todalas fichas ou que obteña a puntuación máis baixa se a partida queda pechada.
      Fisaxe de saida a cantidade de puntos a obter e, ata que un xogador non os haia obtido, xoganse as partidas necesarias.





 
   
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=