A TUA PÁXINA WEB DE ENTRETEMENTO. FAITE SOCIO E A DIVERTIRSE FACENDO MOITOS AMIZADES
   
  Asociación Xogos Tradicionais de Compostela
  MARIOLA
 

O xogo da mariola é un xogo tipicamente feminino aínda que na actualidade xa hai presenza masculina nas súas partidas.
Materiais necesarios: Para comezar a xogar só se necesita debuxar o campo de xogo e coller unha pedra para poder lanzala e xogar. Dependendo das zonas, o campo debúxase de diferentes formas. Na zona de Carnota debúxase un terreo de xogo onde enumeran as casiñas de un ao nove. Nesta zona tamén é chamado Pelete.
Normas: Para comezar a xogar sortéase cal dos xogadores comeza a partida. Ao principio tírase a china (pedra), na casiña un. Realízase o percorrido como de costume, pero so se tocan as liñas limitantes perderase a quenda e pasará ao xogador contrario. Se a china ou pedra non cae na casiña correspondente, tamén se perderá a vez. Cada xogador poderá tirar cantas veces poida, mentres a pedra non pise a liña ou saia desta. Cando se perde a quenda e posteriormente se volve a xogar, pois xa pasou toda unha ronda de xogadores, empezarase a xogar onde se quedara anteriormente.
Proceso: Para comezar, tírase a pedra na casiña un e sáltase á pata coxa, sen pisar na casiña que ten a pedra. Ao chegar ás casiñas divididas con dous números (as casiñas 4 e 5, e as casiñas 7 e 8 ), porase un pé en cada unha simultaneamente. Ao chegar á derradeira casiña, tamén dependendo das zonas, nunhas remátase o xogo e noutras séguese.

 
   
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis