A TUA PÁXINA WEB DE ENTRETEMENTO. FAITE SOCIO E A DIVERTIRSE FACENDO MOITOS AMIZADES
   
  Asociación Xogos Tradicionais de Compostela
  MEMORIA 2009
 
MEMORIA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO ANO 2009

Esta asociación durante o ano 2009 realizou numerosas actividades en diversos lugares públicos, incluso en centros educativos e colaborou coa Universidade de Santiago no desenrolo das súas actividades deportivas contra as demais universidades galegas e portuguesas no que atinse aos xogos tradicionais.

Deseguida relacionase un detalle das actividades desenvolvidas no ano 2009:
  • Liga de tute que se celebrou en Santiago de Compostela dende o 1 de xaneiro ata o 26 de abril de 2009.
  • Liga de dominó que se celebrou en Santiago de Compostela dende o 1 de xaneiro ata o 26 de marzo de 2009.
  • Liga de estornela
  • Liga Nacional de Billarda "Play-off nacional 2009" que se celebrou en Santiago de Compostela o 31 de maio de 2009.
  • XVIII Open de Chave "Cidade de Santiago" que se celebrou o 23 de agosto de 2009.
  • Campionato de Chave "Festas San Serapio" en Conxo (Santiago de Compostela) o 12 de setembro de 2009.
  • Celebraronse xornadas de xogos tradicionais nos Coléxios Públicos de Lamas de Abade, dos Montes dos Postes, e Colexio de Xordos, todos eles de Santiago de Compostela; no colexio de verán de Carballo, no campamento de verán de Cáritas en Arnela-Porto do Son, nas festas de San Pedro no campo de Belvís de Santiago de Compostela, en Marrozos polo 25 aniversario do seu centro social, na inauguración dun campo de chave en Negreira, na guardería de Alcampo en Santiago de Compostela e na Compostela Cup patrocinado pola Fundación Deporte Compostela.
  • Tamén estivemos nos xogos universitarios galaico-durienses onde adestramos e fixemos selección de duas parellas mixtas que participaron, representando ao campus universitario Santiago- Lugo, onde tamén participaron as universidades da Coruña, de Vigo, de Oporto, de Lisboa e do Alto Miño, sendo todo un acontecimietno por ser a primeira vez na historia que se fai competición de: a chave, a bilarda e os bolos celtas.
Esperamos que para o ano 2010 estas actividades sexan máis numerosas e dentro dos nosos obxetivos está a máxima divulgación dos xogos tradicionais no noso entorno e comarca e participar con outras asociacións, entes públicos ou privados para que se faga realidade en toda Galicia.
 
 
   
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis