O xogo das tabas é un xogo popular galego. Utilízanse uns ósos dos xeonllos do cordeiro (tabas) que teñen catro lados e unha pelota. Xógase cunha sóa man. É un xogo no que poden xogar dende unha ata varias persoas.
¿Como se xoga? Bótanse as tabas no chan, dise (a primeira) e bótase a pelota, mentras a pelota está no aire hai que cambiar de posición as tabas que estan mal e coller as que estan ben, as que te dé tempo, e collela pelota antes de que toque o chan, e cando colles a pelota tócalle ó seguinte. As tabas que están ben son as que están na posición primeira, e logo cando colles todas tiranse de novo e faise o mesmo con outra posición (posición segunda, terceira e cuarta).
|