A TUA PÁXINA WEB DE ENTRETEMENTO. FAITE SOCIO E A DIVERTIRSE FACENDO MOITOS AMIZADES
   
  Asociación Xogos Tradicionais de Compostela
  PAI FILLO NAI
 
Pai fillo nai é un xogo popular, tamén coñecido por tres en raia, que se xoga nun taboleiro real, debuxado ou imaxinario. Este ten forma cadrada e consta de nove posicións en tres ringleiras e tres columnas, iguais na súa disposición. Hai polo tanto unha posición interior (no centro do cadrado) e oito exteriores, catro das cales ocupan os vértices do cadrado e as outras catro os puntos intermedios dos lados. no xogo pódense usar fichas ou deixar marcas nas casiñas (con algo que escriba nun papel ou marcando cun pau ou co dedo na area) e participan dous xogadores (que cando se xoga sen fichas normalmente marcan cadansúa posición cos símbolos X e O).
O obxetivo do xogo é conseguir, por medio da colocación das fichas e posteriores movementos, un aliñamento de tres do mesmo xogador, que van facendo quendas para colocar ou mover as fichas. As únicas combinacións válidas son tres disposicións horizontais, tres verticais e dúas diagonais. Cando se logra o obxetivo o gañador avisa ao outro xogador dicindo Pai, fillo, nai!, que é de onde lle vén o nome o xogo.
Hai varias modalidades de xogo. Na máis habitual as fichas poñense ata encher o taboleiro e non poden moverse. Noutra, cada xogador conta con tres fichas e, unha vez están a tres colocadas, van alternativamente cambiando a posición unha a unha para ocupar outro lugar baleiro.
É un xogo infantil de grande utilidade na formación do neno, xa que as posibilidades de colocación das ficshas son limitadas pero moi variables. Con este xogo ensínaselle: que mesmo dentro das normas sociais (e da realidade), existen sempre moitas alternativas; que as decisións dun momento (colocacións) poden afectar ás situacións futuras; visión espacial.
A dinámica do xogo apréndese con facilidade para o nivel intelectual dun neno e a súa práctica ten un evidente valor pedagóxico para as matemáticas e a xeometría.
 
   
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis